segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009

nº 19 A gaita, o gaiteiro e os lobos.

Formoso poema da conhecida história da gaita e o lobo. Faz muitos anos, um velho gaiteiro do Valadouro contou-ma como se lhe acontecera a ele próprio. Esta versão poetizada foi publicada em El Compostelano, 3 de Agosto de 1928.

A GAITA, O GAITEIRO E OS LOBOS
Non é conto... Certo foi!
outros moitos, e buliron
ventos, por onde non doi.
Na parroquia do Aparral,
terra da vila das Pontes,
-entre ríos, vales e montes,-
do partido ortigueiral.
Vindo unha noite das fías
un gaiteiro e seu rapaz,
tras os ouveos dos cans,
ouviron... non ladaíñas!
Dous lobos, no amencer
famentos lobos, ouvean:
e carne humana olfactean
e xa chegan para comer.

Nisto, o gaiteiro berrou:
e co rapaz xa rubindo
por un carballo, ruxindo,
cheo de medo rosmou:
- Os lobos! Quen ollara
nosa vida, ou nosa morte?
Eles son dous; polo norte
ben os vin! Xa chegan, xa!-
E logo os lobos chegaron
a ouvear na carballeira,
e do carballo na beira
coas pouta ben acovaron.
O redor do carballiño
unha cova eles fixeron:
para que caira, lles deron
ás poutas moito camiño...
E viña abaixo, o carballo:
mais, lixeiriño o gaiteiro,
e seu rapaz, ben lixeiro,
brincan noutro... Bo traballo!
E foi co fol, o brincar
o gaiteiro, -sen xa ter
nin forzas para o soster-
co roncón deu en roncar.
Feitos dous cans de palleiro

os lobos foxen brincando:
tolos, de medo, ouveando
pola gaita do gaiteiro.
Dera co cóbado ao fol
o gaiteiro, sen querer,
e despois, houbo que ver:
salvos viron vir o sol!
Rindo, o gaiteiro e o rapaz
déronlle entón a gaitiña,
até chegar á casiña,
sempre ollando para atrás.

José Fernández Merino

4 comentários:

Unknown disse...

coñezo un par de casos de gaiteiros que voltaban das festas pra casa tocando, pois iso axudaballes a vence-lo medo.
bonita historia. parabens, pois non a lera ata o de agora.
Emilio da Baña.

José Luís do Pico Orjais disse...

Eu também conheci, no Valadouro, e mesmo dizia que lhe passara a ele. Que bom ver-te pela minha Ilha. Abraços.

Unknown disse...

sigoa a ilha regularmente ainda que non che deixe comentarios. pareceme mui interesante.
dicirche tamen que Ayes estame sorprendendo pola cantidade de informacion que desvela. habemos de falar sobre a descripcion da gaita que fan Valladares e Pintos, pois teño unha teima co tema das ronquetas (ou ronquillo con pallon) a ver se me podes aclarar algo. importache que enlace algun dos teus artigos no meu facebook?
apertas muitas e outra vez parabens pois pareceme que fas un traballo intereswantisimo e riguroso.
segue asi.

José Luís do Pico Orjais disse...

Acabo de ver o alalá, estavas bem bonito. Obrigado por seguir o meu blogue. A verdade é que escrevo só para mim, como um exercício de reflexão, como falar-me eu mesmo ao ouvido. Se encontras algo útil, colhe o que queiras, já sabes que no que te possa ajudar, um prazer e um honor para mim. Saúde.